LOBA BRANCA

Unha ópera ambientada na Serra do Courel, o corazón da Galicia verde, que nos fala da honra, do respecto á natureza, dos retos vitais aos que se enfrontan diariamente os habitantes da España baleirada e das relacións que se establecen entre humanos e animais nestas contornas

OPERA

O REPARTO

PROTAGONISTAS

LOBA

A valente líder dun clan de lobos que viven na Serra do Courel.

BEATRIZ ARENAS

MEIGA

Unha anciá dunha pequena aldea do Courel, á que os aldeáns cren unha bruxa porque fala cos animais.

TERESA GONZÁLEZ

CAZADOR

Un dos homes da aldea, que vive de cazar nas montañas.

JORGE DE ARCOS

A MANDA

CORO DE CÁMARA RÍAS BAIXAS

OS ALDEÁNS

CORO DE CÁMARA RÍAS BAIXAS

OS MÚSICOS

PROTAGONISTAS

CORDAS

EDUARDS VECBASTIKS
violín

DAVID LÓPEZ
viola

JIMENA ANDIÓN
cello

VENTOS

LAURA LORENZO
frauta

VIRGINIA LIS
clarinete

PIANO

SEVERINO ORTIZ

PERCUSIÓN

BLAS CASTAÑER

DIRECCIÓN

BRAIS GONZÁLEZ

O COUREL


A Serra do Courel é un dos grandes pulmóns verdes de España: os seus máis de douscentos quilómetros cadrados albergan unha das maiores reservas de fauna salvaxe de Galicia: teixugos, xabaríns, raposos e, sobre todo, lobos e osos pardos.
Apenas novecentas persoas viven en toda a Serra do Courel, repartidas en varias parroquias moi lonxe unhas das outras, o que o converte nun lugar illado e pouco accesible no que, como dicía o poeta local Uxío Novoneyra, "aquí un pode descubrir o insignificante que é un hombre".

A LENDA

Brais elixiu unha coñecida historia do Courel, coñecida na zona como a "lenda da loba branca"; un relato curto, recollido no seu traballo etnolóxico por Vicente Risco, que narra a complicada relación entre unha manda de lobos e as aldeas veciñas. Esta historia serviu ao compositor para escribir un libreto propio que estende a historia orixinal, dotándoa dun arco narrativo máis complexo.

O LIBRETO

Consulta o libreto de Loba Branca na seguinte ligazón

A ESTREA

"Loba Branca" foi unha encarga do Festival delle Nazione de Città di Castello e se estrenou no Teatro degli Illuminati da cidade italiana en Agosto de 2022. Brais González escribiu o texto lírico da ópera orixinalmente en galego. A versión representada en Italia, aínda conservando (a pedimento do compositor) algunhas palabras na lingua orixinal na que foi escrita, foi traducida ao italiano por expertos en tradución lírica. Polo tanto, a versión orixinal da peza permaneceu sen estrenar ata este serán. 

A música de Loba Branca está inspirada na música tradicional galega e noutras influencias tradicionais celtas, que se unen á linguaxe habitual da música de Brais González: ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e as músicas populares urbanas.

FICHA TÉCNICA

  • Datos

    Duración: 75-80'
    Estructura: 2 actos. 10 escenas
    Idioma: versión en galego e en italiano
    Partitura: versión bilingüe editada por Universal Music Wien

  • Elenco vocal

    A Loba (soprano)
    Meiga (mezzo-soprano)
    Cazador (narrador)
    A Manda (coro infantil, ou coro branco)
    Os Aldeáns (coro infantil, ou coro masculino)

  • Instrumentación

    Violín
    Viola
    Cello
    Frauta
    Clarinete
    Piano
    Percusión (tom set, snare drum, piatti, glockenspiel)

>  <

To TOP